As comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal perderán 20.000 veciños en quince anos

Os últimos datos do IGE respeto a proxección de poboación debuxan unhas comarcas máis despoboadas e envellecidas

As comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal non só non son alleas á crise demográfica que sofre todo a país, senón que ten algunhas das cifras máis preocupantes neste senso. Así o ven a confirmar o último informe do Intituto Galego de Estatística sobre tendencias poboacionais e de envellecemento.

Un dos datos máis preocupantes é o de nacementos proxectados na próxima década, que auguran un panorama pouco alentador para a natalidade na zona. Para este ano, no total das tres comarcas, estímanse uns 1050 nacementos – 125 no Eume, 870 en Ferrol e 42 no Ortegal-, unas cifras que se verán drásticamente mermadas nas estimacións dos vindeiros anos. Para 2024 xa se estiman menos 900 e para dentro dunha década, é dicir, para 2030, só haberá 790 nacementos no conxunto das tres comarcas. 

Por outra banda están os falecementos, que se manterán durante os próximos anos en torno a 2.500 o 2.600 ao ano entre Ferrol, Eume e Ortegal. Isto deixa un saldo vexetativo (a diferencia entre nacementos e falecementos) que irá aumentando progresivamente. No 2021 será de -1658 persoas, pero a proxección para 2030 supera os -1770.

Así, o panorama que debuxa o informe do IGE para as comarcas reflicte unha poboación máis envellecida ca actual cunha idade media dos veciños en claro aumento. Neste 2020 a idade media do Eume é de 49 anos, en Ferrol de 48 e no Ortegal de 53, pero o panorama será algo distinto dentro dunha década. Para 2033 a idade media do Eume será de case 54 anos, en Ferrol de 51 e no Ortegal, a máis castigada, de máis de 58 anos. 

En liñas xerais, non só haberá unha poboación maís envellecida, senón que haberá menos poboación en tódalas comarcas. Hoxe en día, no conxunto dos 20 concellos viven 187.531 veciños, 23.778 no Eume, 151.674 en Ferrol e 12.078 no Ortegal, pero segundo o IGE a proxcción a largo plazo deixaría unha perda de 10.000 habitantes para 2026 e de case 20.000 para o 2034, con menos de 170.000 habitantes no conxunto das tres comarcas. 

Salir de la versión móvil