As enmendas do BNG aos Presupostos Xerais pasan por investir nas infraestruturas e na industria de Ferrolterra

Dos 170 millóns dos proxectos que pretenden para a comarca, 100 estarían destinados á transformación integral de Navantia
bngPGE

O Bloque Nacionalista Galego compareceu esta mañá en rolda de prensa para dar conta das enmendas que presentou aos orzamentos xerais do estado no que teñen que ver coa cidade e coa comarca de Ferrol nun acto no que estivo presente o deputado Néstror Rego acompañado do portavoz municipal do BNG na cidede de Ferrol, Iván Rivas, da responsable comarcal, Mercedes Prados e de alcaldes e portavoces municipais dos concellos da nosa comarca.

Rego lembrou que xa no acordo de investidura o BNG fixara como unha prioridade a modernización da rede de ferrocarril interna, como a de Ferrol-A Coruña, o Bay pass de Betanzos e a liña de Feve, Ferrol-Ribadeo, que podería funcionar como unha liña de cercanías pero que non consegue facelo pola falta de investimentos.

Tamén indicou que un dos obxectivos do BNG era que os orzamentos deben servir para o desenvolvemento e a transformación de Navantia nun complexo integral da construción naval ou que haxa recursos e infraestruturas necesarias para unha transición xusta no caso das Pontes. «O BNG pretende que estes orzamentos sirvan para que esta cidade e esta comarca teñan a oportunidade de recuperar a capacidade económica de xerar emprego de xerar benestar», dixo o deputado nacional.

O BNG sinala en cerca 170 millóns de euros as emendas presentadas para a comarca de Ferrol entre as que a máis destacable é unha de 100 millóns de euros para a transformación de Navantia nun complexo industrial integral que teña a capacidade de actuar no ámbito da construcción naval civil.

Ivan Rivas, portavoz municipal do BNG en Ferrol recalcou que nestes orzamentos Acuaes desapareceu, igual que desaparceron os investimentos que había para desenvolver o saneamento da ría de Ferrol. «Agora ben, Ferrol segue pagando estas obras», incidiu. Por iso o BNG proṕon unha partida para acometer a transformación da rede de saneamento de Ferrol cara un sistema de saneamento que sexa sostible económica e medioambientalmente mediante a transformación desa rede unitaria nunha rede separativa.

O BNG pide tamén 1 millón de euros para estabelecer unha compensacion á cidade de Ferrol pola ocupación de máis do 20% de solo por parte do Ministerio de Defensa. «xa que é evidente que nesta cidade non todos somos iguais pois o estado non paga impostos en Ferrol», dixo Iván Rivas. Hai que lembrar que se aprobou, por unanimiade, unha moción presentada polo BNG no concello de Ferrol pedindo esta compensación pero só o BNG presenta esta proposta para que se incluan neles.

Os nacionalistas incluen nas súas enmendas 10 millóns para modernizar a liña de Feve, 10 millóns de euros para un proxecto de centro de almacenamento de enerxia na vila das Pontes e 25 millóns para un ecoparque empresarial nesta mesma vila.

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.