As escavacións arqueolóxicas en Punta Sarridal amosan un gran anaco de historia

Un asentamento de orixe castrexa datado do sécullo III a.C. saíu á luz grazas a estas actuacións valoradas en máis de 14.000 euros
6º campaña Sarridal

A sexta campaña de escavacións arqueolóxicas en Punta Sarridal volve confirmar a importancia deste asentamento de orixe castrexa, tanto polas súas dimensións como polas estruturas defensivas que estes días están a saír á luz. O castro que se está a desenterrar data do século III a.C.

O alcalde de Cedeira, Pablo Diego Moreda Gil, valorou a importancia destas actuacións para coñecer a historia da localidade, no seu conxunto, e volveu apuntar a posibilidade de chegar a acordos con propietarios de terreos situados no lugar para poder completar a totalidade do xacemento. A contía deste último investimento financiado polo Concello supera os 14.000 euros.

Despois de máis de 10 días de traballo -a intervención comezou o día 13 de xullo e rematou o 6 de agosto- , xa está definido o sistema defensivo da construción, do que é parte importante un torreón, de forma rectangular, acaroado ao paramento exterior da muralla. Nel estaría situado un punto de acceso ao interior do recinto. A actuación que se está a levar a cabo tamén sacou á luz un bastión defensivo, do que xa se tiña noticia pero que agora amosou as súas dimensións reais, así como o empedrado orixinal do camiño de entrada ao castro.

A escavación corre a cargo dun grupo de oito porfesionais da empresa Axa Arqueología. Os traballos arqueolóxicos na punta Sarridal deron comezo en abril do ano 2017 coa realización dunhas castas. Estas primeiras sondaxes puxeron aos expertos sobre a pista da riqueza patrimonial que se vería confirmada, a finais daquel mesmo ano, coa localización das murallas dun recinto perfectamente delimitado e dun monumento con forno. As seguintes intervencións serviron tanto para consolidar estruturas xa localizadas como para seguir avanzando no coñecemento dun patrimonio que hoxe serve de reclamo turístico e que este ano dará lugar á entrada en funcionamento dun centro de interpretación no castelo da Concepción, cuxa obra dará comezo no mes de setembro.

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.