As Forzas Armadas desinfectan as residencias de maiores de Ferrol e Narón

O Tercio Norte ofreceu o seu apoio loxístico a varios concellos das comarcas de Ferrolterra nas tarefas de seguridade
UME Ferrol Naron /

A Delegación do Goberno informou da desinfección masiva de residencias de anciáns na comarca a cargo das Forzas Armadas. En concreto, sinala que a Comunidade conta a diario con integrantes da Brilat, a Unidade Militar de Emerxencias (UME) e a Forza de Protección (Fupro) da Armada. Os seus membros traballan en coordinación coa Policía Nacional, a Garda Civil e as policías locais.

Na comarca, estanse a desenvolver estas labores nas residencia de maiores, tanto públicas como privadas, de Ferrol e Narón. Estas medidas foron coordinadas entre a Delegación do Goberno, as catro subdelegacións e a Xunta de Galicia, a través dun protocolo que establece as diferentes prioridades de traballo da UME.

Pola súa banda, o Tercio Norte de Infantería de Mariña reuniuse con dirixentes locais e corpos de seguridade en Cedeira, As Pontes, Fene e Ares. Acordaron o apoio que proporcionan a esas localidades dentro da Operación Balmis, plasmado en patrullas a pé e en vehículos da Policía Naval en varios concellos.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.