As obras do tanque de tormentas da Cabana obrigan a modificar o tráfico a partir do luns 6 de xullo

A modificación darase na rúa Pintor Ricardo Pena, e os residentes da zona poderán acceder as súas vivendas a través da estrada oeste do CIS
Captura

Os traballos para conectar o colector do novo saneamento da enseada da Malata co tanque de tormentas que se está construíndo na Cabana obrigarán a pechar ao tráfico un pequeno tramo da rúa Pintor Ricardo Pena, a partir do vindeiro luns 6 de xullo.

Por ese motivo, habilitarase un acceso alternativo ao habitual para os residentes na zona máis próxima ao paseo e á praia. Entre esa data e o final dos traballos, previsto para o venres 31 de xullo, permanecerá aberto o valado que pecha a entrada ao Centro de Innovación e Servizos (CIS). Deste xeito, poderase circular pola estrada oeste do centro sen ningún obstáculo.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.