A empresa mixta de augas de Ferrol, Emafesa, indica que debido ás obras nos interceptores da Malata é necesario realizar un desvío na rede de abastecemento, co cal é preciso realizar un corte na subministración de auga o vindeiro luns, 21 de setembro, dende as 22.00 horas, ata o martes 22 de setembro, ás 08.00 horas.
As zona afectadas serán A Graña, A Cabana, Montecoruto, a Avenida 19 de Febreiro -dende Estrada da Malata ata Os Corrás- e a estrada da Malata. O corte se realizará en horario nocturno para minimizar as molestias aos veciños.