As obras no acceso ao cemiterio de Serantes darán comezo o vindeiro luns 28

Julián Reina reuniuse con varios representantes da asociación veciñal para tratar estes traballos e novas propostas para mellorar o centro de saúde
2020_09_22Serantes01

Esta mañá o concelleiro de Urbanismo, Julián Reina, acudiu a Serantes para reunirse con varios representantes da asociación veciñal a estrada de acceso ao cemiterio, o cal experimentará unhas necesarias reformas dende a próxima semana.

O vindeiro luns 28 de setembro comezará unha obra que significará unha importante mellora da seguridade viaria, xa que o tramo que discorre dende a rotonda do centro de saúde vaise dotar de beirarrúas. Esta actuación, xunto coa que a Deputación ten previsto levar a cabo proximamente na avenida 19 de Febreiro implicará unha importante transformación na zona, que pasará a contar cos espazos para peóns que os residentes veñen reclamando dende hai anos.

Durante a visita, o concelleiro recolleu diferentes propostas dos veciños respecto do proxecto de beirarrúas e tamén unha serie de melloras no entorno do centro de saúde e as vivendas situadas tras el.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.