As obras para ampliar o acceso ao cemiterio de Serantes comezarán a finais de setembro

Os labores que pretenden aumentar o viario e incluir beirarrúas e zonas de estacionamento laterais conta cun prazo de execución de 4 meses e máis de 220.000 euros de orzamento
monica-telefono-345-1140x570

Esta mañá do luns 14 de setembro celebrouse a Xunta de Goberno Local onde se tratou o tema das obras de ampliación do viario de acceso ao cemiterio de Serantes, as cales comezarán antes de que remate o mes de setembro despois de que na sesión de hoxe aprobárase o Plan de Seguridade e Saúde dos traballos.

Esta actuación, incluída no Plan de Obras e Servizos -POS+2018- da Deputación da Coruña, prevé obras entre a rotonda da DP-3612 e o acceso á igrexa de Serantes, un espazo que o proxecto divide en dous tramos: o comprendido entre a glorieta e o inicio do camiño de acceso ao lugar de Aneiros e o que resta ata pasar o camposanto.

Beirarrúas e zonas de estacionamento lateral

Actualmente o ancho da calzada vai dos 5,5 metros no primeiro tramo ata os 3,30 no acceso á igrexa, e carece de beirarrúas e zonas habilitadas para o aparcamento de  vehículos. O proxecto inclúe para o primeiro tramo unha beirarrúa de 1,80 metros, 2,20 para estacionamento lateral, dous carrís de 2,50 metros cada un e unha beiravía. No segundo haberá 2,20 metros de ancho para estacionar a ambos lados, unha calzada de case 4 e unha beiravía de 2.

Nova tubaxe de PVC para mellorar o saneamento

O proxecto contempla, entre outras actuacións, unha nova tubaxe de PVC que se conectará ao saneamento de pluviais executado na estrada DP- 3612, a conexión da saída do cemiterio á rede de saneamento e augas fecais, ramplas nas beirarrúas e tamén a colocación de bandas de aviso nos cruces de peóns.

O prazo de execución das obras é de catro meses desde a firma da acta de comprobación de replanteo. A actuación conta cun orzamento de 227.433,86 euros. Reina explicou que con esta actuación o goberno local busca «mellorar a seguridade viaria tanto para peóns como para condutores nunha parroquia tan rural ao tempo que tan urbana que merecía a execución deste proxecto».

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.