As parroquias naronesas de San Mateo e O Val sufrirán un corte no subministro de auga

O peche realizarase o xoves 24 ás 20.00 horas ata as 08.00 horas do venres debido aos traballos de mantemento no depósito de abastecemento
agua

O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, anunciou un corte no subministro de auga nas parroquias de San Mateo e O Val que a empresa Cosma realizará dende as 20.00 horas deste xoves, día 24, ata as 8.00 horas do venres 25, según as previsións.

O edil naronés explicou que esta medida responde á necesidade de levar a cabo traballos de mantemento no depósito de abastecemento.

Santalla solicitou de antemán desculpas polas molestias que poida ocasionar o corte no subministro de auga ás veciñas e veciños destas dúas parroquias do rural naronés.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.