Arde un aeroxerador no parque eólico de As Somozas

Os técnicos lograron desconectalo antes de que a incidencia fose a máis, pero tiveron que suspender a producción enerxética durante varios minutos

Un incendio nun aeroxerador no parque eólico das Somozas obrigou onte a suspender a produción de enerxía eléctrica na infraestrutura que actualmente xestiona Gas Natural Fenosa. A máquina comezou a arder debido a algún problema interno, probablemente nalgún dos xeradores que leva incorporados.

As máquinas, con máis de 20 anos de vida, desenvolven unha potencia de 640 KW. Os técnicos de mantemento foron os encargados de desconectala do sistema para que non afectase o resto de aparellos. Segundo explicaron, as chamas extinguíronse soas tras varios minutos, unha vez consumida a parte de fibra do aparello, chamada góndola, que recubre vos xeradores e os rotores.

(Tráfico Ferrolterra)
Salir de la versión móvil