O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o portavoz do Goberno provincial, Bernardo Fernández, recibiron hoxe na institución provincial aos representantes do comité de empresa de Siemens-Gamesa en As Somozas para analizar a situación actual na que se atopa a factoría, que da emprego a unhas 300 persoas.
Os representantes dos traballadores Sergio López, Fidel Vilaboy, Alejandro Del Río e Carlos González explicaron que a pranta das Somozas tiña ata agora unha importante carga de pedidos no mercado nacional, no norte de Portugal e no sur de Europa e trasladaron ao presidente a súa preocupación pola paultaina deslocalización da carga de traballo da empresa, especialmente cara a fábrica de palas de Vagos, en Portugal. Ademáis alertaron de que de non producirse investimentos nas instalación de As Somozas para poder contruír novos modelos de palas, a factoría corre o risco de quedar fóra do mercado, segundo explicou o presidente do comité de empresa, Sergio López.
González Formoso manifestou o seu apoio ás revindicacións dos traballadores «para evitar outra deslocalización e poder manter centos de postos de traballo nunha comarca xa de por si seriamente castigada polo desemprego».
Ademáis, o presidente anunciou que o Goberno provincial, integrado por PSOE e BNG, levará ao vindeiro pleno da Deputación unha moción de opoio aos traballadores, instando á Xunta de Galicia e ao Goberno do Estado a «implicarse para garantir a viabilidade da pranta de Siemens-Gamesa nas Somozas, aproveitando as oportunidades que ofrecen os plans de Transición enerxética da Unión Europea».