Un operario da planta de Gamesa en As Somozas, en cuarentena tras viaxar a Italia

A empresa comunicoulle que terá que esperar 14 días polo protocolo que implantou a multinacional a causa do coronavirus

Un empregado da planta de Siemens-Gamesa en As Somozas atópase actualmente nun periodo de cuarentena na súa casa, tras pasar uns días en Roma.  O traballador non presenta síntomas, pero non poderá acudir ao seu posto de traballo en catorce días por un protocolo da compañía. A dirección da planta que a multinacional Siemens-Gamesa ten situada no polígono industrial das As Somozas comunicoulle que terá que facer a cuarentena por precaución, ao tratarse dunha factoría pechada con centos de traballadores nas mesmas instalacións.

O traballador pasou catro días en Roma, a capital italiana, concretamente entre o sábado 22 de febreiro e martes 25. Ao día seguinte, incorporouse con normalidade ao seu posto de traballo, pero o xoves a empresa comunicoulle que se marchase ao seu domicilio e que non se presentase o venres.

Segundo o protocolo aprobado pola multinacional eólica é necesario que o traballador pase agora catorce días sen acudir á planta dedicada á fabricación de palas para aeroxeradores, para evitar un posible contaxio. As fontes consultadas aseguran, a pesar diso, que o operario non presenta ningún dos síntomas de coronavirus, como sufrir febre, tose ou problemas respiratorios, pero debido á aplicación do protocolo non poden permitir que acuda ao seu traballo.

De todos, tal e como informaron as autoridades sanitarias, un portador do virus pode non sufrir os síntomas, pero sí contaxiar a outros. É por iso que a empresa tomou esta decisión ante o posible risco para o resto de traballadores, que traballan nun mesmo espacio pechado uns xunto a outros.

Este operario cumpre co anunciado días atrás pola Seguridade Social, que estima que o período no que un traballador véxase sometido a un illamento preventivo forzoso será considerado como situación de incapacidade temporal derivada de enfermidade común, incidindo en que este é o mesmo criterio que se aplicou na Gripe A e que se fixa para “garantir a protección dos traballadores durante tales períodos de illamento” e para “disipar as dúbidas” que se expuxeron.

Salir de la versión móvil