A área sanitaria de Ferrol viviu nas últimas xornadas un lixeiro repunte do número de casos positivos por coronavirus ata situarse a día de hoxe en 387 casos, cinco máis que onte e 44 máis que fai unha semana. Este incremento no número de casos viu aparellado cun incremento no número de test diarios, xa que dende a segunda semana de abril pasouse duns 100 PCR diarios a case o doble ata os 6.753 realizados ata o día de hoxe.
Do total de casos doentes detectados con Covid, 356 atópanse no seus domicilios, xa que a meirande parte dos novos contaxios presentea sintomatoloxía leve. A lectura positiva é que este crecemento de casos non se trasladou aos hospitais. De feito, apenas aumentou o número de hospitalizados, que segue estabilizado en 31 persoas.
Os datos son aínda máis esperanzadores na UCI, onde actualmente só hai 4 personas graves, unha das cifras máis baixas dende que comezou a crise. Cabe recordar que a principios deste mes se chegaron a atendenser ata 17 casos graves, o que obrigou a habilitar unha nova UCI no hospital Naval.
Ademáis, dende o inicio da crise sanitaria xa se deron 80 altas hospitalarias. Agora, á área sanitaria tratará de contabilizar aos doentes que fai máis de 14 días que non presentan síntomas para realizar unha estadística dos que superaron definitivamente o virus e quedaron inmunizados. A cifra de falecidos sitúase en 25 persoas, dous deles na residencia de maiores de Pontedeume e os resto nos hospitais comarcais de Ferrol.