Ascenden a 127 os contaxios por coronavirus na área de Ferrol e xa hai dous hospitalizados

As comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal están rexistrando un crecemento diario de case 10 novos casos nesta segunda onda
92456522_2883321901763946_5679398674711445504_o (1)

A área sanitaria de Ferrol continúa aumentando a un ritmo de case 10 novos casos ao día o número de contaxios por coronavirus durante esta segunda onda. Con 9 novos casos rexistrados nas últimas 24 horas son xa 127 o total de doentes con Covid-19 e, por primeira vez desde o mes de xuño, hai dúas persoas ingresadas no Arquitecto Marcide con complicacións. A boa nova é que se deron cinco altas epidemiolóxicas desde onte.

Tras máis de 25.000 PRC realizadas desde o inicio da pandemia, cunha media de máis de 200 nos últimos dous meses, o total de casos detectados ata o momento é de 655, dos cales faleceron 33.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.