Ascenden a catro os novos positivos pola Covid-19 en Ferrol, sumando un total de 123 contaxios

As comarcas de Ferrolterra parece que están a experimentar unha menor incidencia do virus nos últimos días, debido sobre todo as novas altas dos afectados
O Sergas comeza a realizar os tests que conforman o estudo epidemiolóxico deseñado pola Xunta de Galicia co obxectivo de definir a auténtica dimensión da epidemia da COVID-19

Os datos deste venres 28 de agosto volven a ascender en Ferrolterra nesta segunda onda que estase a vivir. As últimas actualizacións amosan unha cifra total de 123 contaxios na área sanitaria de Ferrol, elevándose o número de contaxiados a catro en 24 horas.

Polo tanto, Ferrol segue a ser o territorio galego menos afectado polo paso do coronavirus, sendo Pontevedra -187- e Vigo -189- as seguintes zonas con menos positivos contabilizados. Porén, as áreas máis sometidas nesta segunda onda seguen a ser A Coruña -1.351-, Lugo -547-, Santiago 450- e Ourense -292-, sendo un total de 3.139 pacientes galegos contaxiados.

Ademais, a pesar de que o pasado martes coñecíase ao primeiro paciente ingresado pola Covid-19 na área de Ferrolterra, non tardou nin 24 horas en abandoar o hospital. Hoxe ese dato segue sen variar, polo que a área sanitaria de Ferrol é a única de Galicia que mantén os seus centros hospitalarios baleiros de coronavirus.

Ata o de agora o número de probas PCR realizadas polo complexo hospitalario de Ferrol é de case 25.000 tras a realización dunha media de 200 diarias. Cabe destacar que nos últimos sete días tan só un 3,8% das persoas sometidas ás probas arroxaron un resultado positivo, sendo esta a segunda porcentaxe máis baixa de Galicia por detrás de Vigo.

A maiores tamén se está a facer un rastreo exhaustivo de todos aqueles veciñas e veciñas que tiveron contacto cos novos contaxiados para evitar a propagación continuada do virus e proseguir con esta curva descendente, así como a realización de probas serolóxicas á docencia antes da volta ás aulas no Hospital Novoa Santos.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.