Ascenden a tres os casos activos de coronavirus na área de Ferrol

Mantense o rastrexo e as respectivas probas PCR ás persoas que poidan estar vinculadas con algún dos casos para evitar a expansión do virus polas comarcas
Un profesional realiza una prueba para la detección de la covid-19
Un profesional realiza una prueba para la detección de la covid-19

Xa son tres os novos casos activos por coronavirus detectados polo Sergas na área sanitaria de Ferrol. O primeiro xa fora anunciado o pasado martes 28 de xullo polo propio Concello de Cedeira e confirmado pola Consellería de Saúde horas máis tarde.

Cando este primeiro novo caso procedente do extranxeiro xurdiu a preocupación fíxose visible nas respectivas áreas sanitarias lindeiras, e non pasaron nin 48 horas ata que un segundo caso remataba por facer saltar todas as alarmas. Os dous positivos coñecidos ata o momento estaban vinculados entre si, polo que inmediatamente comezouse a rastrexar ás persoas máis achegadas dos dous enfermos.

Pois ben, catro días despois de coñecer a aparición de dous casos activos na área sanitaria de Ferrol o número pasa a ser a 3, aínda que non se pode falar de a existencia dun rebrote pois polo momento se descoñece se este último caso garda algún tipo de relación cos dous primeiros. Dende os centros sanitarios seguen mantendo os rastreos e as pertinentes probas PCR para tentar conter o avance do virus polas comarcas.

Co anunciado hoxe, son un total de 622 os casos acumulados na área de Ferrol, dos cales 586 superaron o virus e obtiveron a alta epidemiolóxica e 33 faleceron a causa do Covid. Unha destas historias contámola dende Enfoques na nosa última entrevista a Mary, sobriña de Fina, unha das 33 vítimas do virus.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.