ASCM celebra o Día Internacional da Solidariedade estreando unha porta automática

A entidade social conseguiu recaudar máis de 3.400 euros grazas a unha campaña "crowfounding" para mellorar a accesibilidade dos seus usuarios
puerta ascm 1

A Asociación Sociocultural ASCM celebra o Día Internacional da Solidariedade da mellor maneira posible, estrando unha porta automática na súa Sede de Ferrol. Esta nova mellora da accesibilidade ven dada grazas á xenerosidade das persoas doantes que participaron na campaña de crowfunding «Abre as portas á inclusión», o pasado xullo.

A mellora no local requiría de 3599 euros, dos cales a través da campaña lograron reunir 3432 euros que permitiron facer efectiva a reforma. A nova porta automática dotará ás instalacións de ASCM dun maior reforzo da dependencia e das medidas de seguridade e hixiene dos seus usuarios, estas últimas necesarias para previr posibles gromos de Covid-19 na volta á actividade do mes de setembro.

É esta a primeira vez que ASCM aposta por unha campaña de carácter 100% virtual e as sensacións son positivas. A pesar de non poder chegar ao obxectivo marcado de 3599 euros, necesarios para sufragar ao completo a instalación da porta, desde a entidade móstranse satisfeitos con esta primeira toma de contacto.

Os 3432 euros recadados abren, en palabras de ASCM, «novos horizontes de procura de recursos e potenciación da autofinanciación». Nesta mesma liña a entidade puxo en funcionamento a iniciativa #YoCumploConASCM, un método de captación de fondos online baseado na celebración de aniversarios de modo solidario.

Así pois, as máis de 1500 persoas socias beneficiaranse da solidariedade daquelas persoas que apostaron por «Abrir as portas á inclusión»,facilitando a súa autonomía e seguridade no acceso ao local onde desenvolven, día a día, boa parte da súa actividade diaria.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.