Asígnanse os horarios de adestramento no pavillón A Xunqueira e no campo de fútbol dos Pinares

Para a utilización de ambos complexos deportivos é necesario seguir uns protocolos obrigatorios para evitar calquera posible contaxio pola Covid-19
pavillon

A área de Deportes do Concello de Fene mantivo aberto até o 24 de agosto o prazo para que as entidades do municipio puidesen solicitar horarios de adestramento tanto no pavillón da Xunqueira como no campo dos Pinares.

No primeiro caso trátase da distribución de días e horas para clubes locais durante o mes de setembro, co obxectivo de que poidan preparar a pretemporada, mentres que para o campo de Perlío xa se publicou o cadrante para toda a liga. A información pode consultarse na aplicación en liña Deporxest, onde tamén figuran as medidas preventivas da COVID-19 que se deberán seguir en cada recinto.

Uso do Pavillón da Xunqueira

Na Xunqueira poderán adestrar do 1 ao 30 de setembro -luns, martes e mércores- os equipos de base e sénior do CMI Unidade de Fene, o Club de Patinaxe Buxaina e os venres concéntranse as tres horas de adestramento do Club de Patinaxe Artística Inercia.

No caso do pavillón da Xunqueira o reparto só se refire ao mes de preparación da pretemporada, posto que a distribución de quendas de outubro en diante ten aberto o prazo de solicitude -tamén para o pavillón do Ramo- até o 16 de setembro. O Concello daralles prioridade aos clubs locais que estean federados ou inscritos no rexistro de entidades municipais e, unha vez repartidos eses horarios, abrirase un segundo período para equipos de fóra do municipio e particulares.

A asignación de horas e días vén facéndose así desde hai anos. Porén, o que cambia neste 2020 é a obriga de extremar as medidas preventivas ante posibles contaxios. Para iso existe un protocolo que se pode consultar na seguinte ligazón: http://deporte.fene.es/WebDeportesFene/archivos/443.pdf 

Uso do campo de fútbol dos Pinares

O que si está xa definido para toda a temporada é o cadrante de adestramentos no campo municipal dos Pinares, en Perlío. A distribución horaria vai desde o 1 de setembro até o 30 de xuño, data en que se prevé que estean rematadas as competicións. O campo estará dividido en dúas canchas de fútbol 8 onde desenvolverán a súa actividade de luns a venres e en distintos momentos as categorías de base, o equipo feminino e o equipo afeccionado do club residente, o CCRD Perlío. Os luns e mércores tamén reservou tempo neste campo a SD Barallobre.

O protocolo preventivo incide no distanciamento interpersoal, o uso obrigatorio da máscara cando non se estea facendo actividade física e en regular os accesos e saídas do recinto para evitar cruzamentos. Todas as medidas obrigatorias para poder utilizar o campo preséntanse nesta ligazón: http://deporte.fene.es/WebDeportesFene/archivos/444.pdf. Todas estas medidas e recomendacións de uso das instalacións son de aplicación tamén no campo de fútbol de Maniños.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.