Asotrame e Narón preparan a iniciativa «La carrera que nunca para: kilómetros de vida»

As persoas que o desexen poderán inscribirse nesta carreira solidaria ata o 27 de setembro, cuxa ruta comeza na rúa 25 de Xullo e remata na rúa 10 de Marzo
1475256086_asotrame-carrera-1-250916

Esta mañá no Concello de Narón presentouse a iniciativa «La carrera que nunca para: kilómetros de vida». No acto de presentación estiveron presentes a alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Deportes, José Oreona, acompañados por Cristina Piñeiro, presidenta da Asociación Gallega de Transplantados de Médula Ósea -Asotrame-, a entidade impulsora deste evento e que se desenvolve dende hoxe ata o vindeiro 27 de setembro.

Prazo de inscrición

As persoas que desexen participar poden inscribirse a través da páxina web: www.lacarreraquenuncapara.com.
Os participantes deberán percorrer correndo ou camiñando a ruta de Narón, con saída na rúa 25 de Xullo e meta na rúa 10 de Marzo -o tramo ao completo pode consultarse na citada web-, podendo realizala ata o domingo 27 ás 23.59 horas, sen límite de tempo e respectando a normativa en vigor con motivo de prevención da Covid-19.

Destino das doazóns

A inscrición, a cal pódese facer en máis dunha ruta, implica un donativo de tres euros, unha contía que se destinará, tal e como explicou Cristina Piñeiro, xunto coas doazóns que se realizan no «Dorsal 0», aos proxectos: «Como en Casa», unha vivenda de estancia temporal para familias de persoas con diagnóstico oncohematolóxico ingresadas no CHUAC, e o «Servizo de Atención Psicosocial», a través do que se ofrece atención psicolóxica e social a persoas con cancro hematolóxico e ás súas familias.

A presidenta de Asotrame indicou que se sortearán varios agasallos entre as persoas inscritas e, así mesmo, explicou que a convocatoria se realiza agora por coincidir este mes co Día Mundial do Doante de Médula. As persoas que desexen recibir máis información sobre Asotrame poden solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 698 130 684 para acudir á sede da entidade, no Centro Cívico Social da Gándara.

Ferreiro e Oreona valoraron o traballo que realiza Asotrame e animaron á veciñanza a «participar neste evento para colaborar cunha causa solidaria, sensibilizando á poboación sobre a importancia de doar médula ósea e fomentando ao mesmo tempo hábitos de vida saudables, dous dos obxectivos desta iniciativa».

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.