Atopan o corpo dun home nas proximidades de Cabo Prioriño que non se corresponde co pescador desaparecido

A Policía Xudicial da Garda Civil está tratando de identificar ao novo cadaver atopado, mentres continúan os labores de búsqueda do pescador desaparecido en Covas

Sobres as 13.30 horas un pesqueiro que faenaba preto do litoral de Cabo Prioriño avistou un corpo flotando, e inmediatamente deu o aviso a Salvamento Marítimo. Esta unidade mobilizou á zona á Salvamar Betelgeuse, a encargada de recoller o corpo sen vida e de desembarcalo no peirao de Oza, na Coruña, ás 16.30 horas.

Nun primer momento pensouse que o cadáver atopado pola tripulación do pesqueiro “Primero Victoria” podería corresponderse co pescador de 59 anos pertencente a Freixeiro, o cal desaparecera o pasado domingo sen deixar máis probas que o seu vehículo estacionado na cetárea de Covas.

Porén, as características do corpo -vestido con roupa negra e zapatillas brancas- nin a idade coincidían polo que, por un lado, continúa activo o dispositivo de búsqueda do pescador de 59 anos de Narón e, por outro lado, a Policía Xudicial da Garda Civil que é quen está a tratar o novo caso está tratando de identificar ao novo cadaver atopado a tan só unha milla e media de Cabo Prioriño.

 

Salir de la versión móvil