Atopan o corpo sen vida do pescador que caeu na praia de O Baleo, en Valdoviño

O helicóptero Helimmer deu coa vítima a tan só 50 metros de onde se producira o accidente
58

O Pescador de caña e sen chaleco salvavidas desaparecido na praia de O Baleo o pasado 30 de xuño foi atopado polo helicóptero Helimer hoxe 2 de xullo as 10.46 horas tras varios días de búsqueda na zona. Fora un compañeiro que se atopaba neses intres coa vítima o que deu a voz de alarma e iniciouse nese momento un amplio dispositivo de búsqueda formado por Salvamento Marítimo, Cruz Vermella do Mar, a Protección Civil de Valdoviño, a Policía Local e a Garda Civil, sumando os esforzos dos GEAS (Grupo Especial de Actividades Subacuáticas) na tarde de onte.

Finalmente, hoxe atopouse o corpo a 50 metros ao sureste da mesma posición onde o home precipitárase. Tras o descubrimento, o corpo sen vida foi desprazado a mesma praia, onde minutos despois a patrulla da Garda Civil de Cedeira fíxose cargo do mesmo. Desde Salvamento Marítimo informan que aínda está por confirmarse a súa identidade, aínda que aseguran que é moi probable que se trate do propio pescador xa que non se alertou de ningún otro incidente nesa zona. O cadáver foi trasladado ao Hospital Naval de Ferrol para realizarlle a autopsia.

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.