Aumentan os hospitalizados pola Covid-19 na área sanitaria de Ferrol

Cun total de 150 casos, nunha semana os centros hospitalarios de Ferrolterra pasaron de estar baleiros a ter actualmente 6 pacientes ingresados
marcide chuf hospital urgencias

A área sanitaria de Ferrolterra non para de ver como o número de positivos polo coronavirus nas diferentes comarcas aumenta diaria e incesantemente, ao igual que a cifra de hospitalizados. Xa saltaban as alarmas o 25 de agosto cando, ademais de contabilizar 118 casos, se rexistraba por vez primeira un ingresado en unidades de hospitalización. Agora, unha semana e dous días despois, a cifra aumenta a 6 hospitalizados.

11 pacientes curados e 12 novos positivos

Tal e como se puido coñecer hoxe segundo os datos actualizados pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, na área sanitaria de Ferrol contabilízanse un total de 150 positivos. Aínda que tan só a cifra total aumentou un paciente nas últimas 24 horas, hai que ter en conta que nun só día déronse un total de 11 altas epidemiolóxicas, polo que o número de novos afectados nesta xornada é de 12.

A piques de chegar ao cume de contaxios en Ferrol

Habería que remontarse ata primeiros de maio, aínda en pleno Estado de Alarma, para atopar cifras similares as amosadas hoxe. Desde que o Sergas ofreceu oficialmente rexistros de casos activos na área de Ferrol, que foi o 29 de abril, o máximo acadado foi de 159 pacientes contaxiados por Covid, tan só 9 contaxiados máis que ata os presentes datos oficiais.

Actualmente a meirande parte dos gromos estanse a controlar e cada vez son máis os casos illados que apenas presentan sintomatoloxía, pero a subida incesante de ingresados é o dato máis preocupante ata o momento.

Aínda así, é máis necesario que nunca adoptar as diferentes medidas de prevención do virus para evitar que o número de contaxiados siga esta curva ascendente evitando calquera posible colapso sanitario, e máis tendo en conta a volta ás aulas cada vez máis preto.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.