Aumentan novamente os casos positivos en Ferrolterra, un total de 181

En Ortigueira a situación é alarmante tras coñecerse o maior foco desde o inicio da pandemia, cun total de 14 persoas contaxiadas
Imagen de archivo de un test
Imagen de archivo de un test

Os casos positivos por coronavirus na área sanitaria de Ferrolterra volven a subir ata os 181, a pesar do esperanzador descenso contabilizado no día de onte -176-. Aínda así, dende que se alcanzou o pico máis alto o pasado 14 de setembro con 186 casos activos, a situación parece estabilizarse.

11 casos máis e 6 altas epidemiolóxicas

A pesar da certa «estabilidade», o número total de positivos diarios non deixa de ser preocupante. Neste sábado 18 de setembro coñeceuse un total de 11 novos pacientes afectados polo coronavirus a pesar de contar con 6 altas epidemiolóxicas -son total de 803 casos non activos ou curados dende que comezou a pandemia-.

En canto á preocupación nos centros hospitalarios, a atención médica na UCI disminuiu despois de que un dos dous pacientes abandoara a unidade para pasar á de hospitalización, sendo 7 en total. Esta segunda onda está a ser moito menos preocupante para os hospitais, posto que a gran maioría dos positivos -173 de 181- están a pasar o virus nos seus domicilios

Foco de 14 positivos en Ortigueira

Onde si aumenta a preocupación é entre a veciñanza do municipio ortigueirés tras darse o foco máis importante desde que comezou a pandemia, con un total de 14 casos activos. Dende o consistorio, e en especial o alcalde, Juan Penabad Muras, pide unha plena colaboración veciñal para deter este brote xurdido.

Xa desde a administración local informan de que todos os contactos directos dos contaxiados están a realizar as pertinentes probas -tal e como establece o protocolo sanitario-, e a maiores póñese a disposición das persoas que o precisen dous números de teléfono para facer compras, retirar basura ou calquera outra necesidade durante as 24 horas.

De día estará en servizo o 604002167, e de noite o 603473044. A partir do luns habilitarase un segundo teléfono para o horario de día.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.