Avanzan a bo ritmo as obras de ampliación da rúa Basanta

O edil Julián Reina visitou onte a zona para observar a evolución dunhas reformas que solucionarán os problemas veciñais nos días de choiva

O concelleiro de Urbanismo, Julián Reina, achegouse onte á rúa Basanta para comprobar o progreso dos traballos que o Concello está levando a cabo na zona, os cales segundo o prazo estimado durarán seis meses, e onde se invertirán.

Con varios deles e co persoal da empresa adxudicataria intercambiou impresións sobre a solución que se lle vai dar ás frecuentes queixas veciñais debido ás numerosas choivas. O edil observou os avances que se produciron dende o inicio da obra, a comezos de setembro. Nestes momentos estase traballando nas canalizacións nunha das marxes da vía.

Xa na segunda fase dos traballos de urbanización da rúa Basanta ten como obxectivo ampliar unha vía que nalgúns puntos non ten máis de catro metros de ancho, e que agora pasará a ter unha plataforma de 14, incluíndo dous carrís de 2,80, dúas bandas de estacionamento de 2,20 e sendas beirarrúas de 2 metros. O tramo ao que afecta esta actuación supera o medio quilómetro de lonxitude.

Salir de la versión móvil