Avanzan as obras de ampliación e reforma dos hospitais Naval e Arquitecto Marcide de Ferrol

En conxunto a Xunta invertirá un total de 56 millóns de euros en ambas actuacións, a cal lle otorgará ao Marcide un incremento da súa superficie de ata un 54%
image_gallery

As obras de amplición e reforma levadas a cabo nos hospitais Naval e Arquitecto Marcide seguen avanzando a bo ritmo. Estas actuacións, que conta cun investimento de 56 millóns de euros, forman parte do Plan Director da Xunta para a área sanitaria de Ferrol.

Reformas no Arquitecto Marcide e no Naval

A 1ª fase desta remodelación no Arquitecto Marcide ten como obxectivos  a construción de dous novos edificios anexos á residencia, o cal lle permitirá incrementar ao centro hospitalario ata en un 54% a súa superficie hospitalaria actual. As tarefas de escavación e sostemento están xa moi avanzadas.

Na actualidade, os traballos nas dependencias de farmacia e microbiología no Hospital Naval así como nas obras do hospital de día manteñen un moi bo ritmo ao igual que o Marcide.

Finalmente, estas actuacións en ambos centros hospitalarios ferroláns están á par coas comezadas o anterior mes de agosto, as que pretendían mellorar o firme nos accesos aos hospitais Naval e Marcide e ao Nóvoa Santos. O investimento empregado nestas obras de acondicionamento supoñen un investimento de 200.000 euros e dispoñen dun prazo de execución de 5 meses.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.