O concello de Narón recibiu ás representantes dunha nova entidade constituida na cidade o pasado mes de maio, a Asociación Bolboretas no Ceo Norte. A presidenta da entidade, Almudena Rodríguez, e a vicepresidenta, Beatriz Brage, acudiron á xuntanza na que explicaron á alcaldesa os obxectivos da asociación que ten como base o apoio ás familias que perderon aos seus fillos e fillas durante a xestación ou ao pouco de nacer.
Asi mesmo manifestaron a intención de impulsar accións no municipio naronés que incluirán labores de acompañamento e apoio psicolóxico, e un traballo de concienciación e visibilización das circunstancias en que se atopan aquelas persoas afectadas directamente por estas perdas.
Pola súa banda, a edil naronesa felicitou ás representantes da Asociación Bolboretas no Ceo Norte pola labor social que inician no municipio e que redundará en beneficio das persoas que o precisen, contribundo a sensibilizar á sociedade en xeral nestes temas tan importantes na vida da comunidade. As persoas interesadas en contactar coa asociación poden facelo a través do correo electrónico: [email protected] ou a través das páxinas da entidade nas plataformas de Facebook e Instagram a través de @bolboretasnoceonorte