O Nachiños Fest, o festival de música máis destacado da comarca de Ferroltera, non poderá celebrar a súa segunda edición debido á crise sanitaria que estamos a vivir. Dende a organización xa tiñan todos os contratos establecidos e unhas rigurosas medidas de seguridade para que o evento non supoñera ningún problema, pero tras os rebrotes xurdidos na comarca e no país no seu conxunto decidiron cancelar os dous días de música.
«Esto no es un adiós sino un hasta pronto. El año que viene volveremos a trabajar para que esa semilla plantada en Cobas siga creciendo», afirmaron os organizadores do evento nas respectivas redes sociais. Porén, tamén quixeron calmar a preocupación dos seus seguidores ao asegurar que todas aquelas persoas que xa tiñan comprado un abono poderán utilizalo para a edición do ano que vén, onde os artistas que compoñen o cartel serán practicamente os mesmos.
Aínda así, no caso de aqueles que non podan asistir o musical o vindeiro ano recibirán o abono nas plataformas de venta onde o retiraron as súas entradas. «Como imaginaréis es un momento triste para nosotros, esperemos que lo entendáis y compartáis. La responsabilidad ante todo», concluían no seu comunicado.