Cando a arte urbana fai de Cedeira un museo xigante

Esta intervención na escola infantil A Galiña Azul é a sétima da localidade, e dende o concello afirman que serán máis as que intenten converter a vila nun museo ao aire libre
Mural escola infantil

Cedeira acaba de ampliar de seis a sete os murais cos que o goberno municipal quere converter a vila nun museo ao aire libre. Así, aos xa executados no auditorio, biblioteca municipal, ponte novo, estación de bombeo e colexio Nicolás del Río súmanse agora o que xa está a adornar os muros exteriores da escola infantil A Galiña Azul, concretamente os que dan á rúa Ortigueira.

As paredes coma lenzos e a cidade coma un museo

Adrián Taracido Fernández é o autor desta nova obra na que están debuxados un faro, unha balea, marraxos, garzas e un cormorán -entre outros animais- sobre un fondo cheo de ondas. A pintura, do mesmo autor dos murais da estación de bombeo e do peche do colexio local, ocupa o muro ao longo duns 90 metros, para o cal só fixo falta un importe de 2.117,50 euros.

Fronte a fealdade urbanística, o goberno municipal de Cedeira está a apostar por «facer dos espazos públicos museos de balde sen paredes nin teitos». O executivo local reitera que «pretendemos que o pobo sexa un escaparate do arte urbano e convertilo nun recurso turístico atractivo que permita coñecer a vila desde un novo punto de vista, como un lugar máis amable para o ollo da persoa que observa e ve arte onde antes había fealdade, fomentando un espazo de relación social moito máis habitable».

Futuras rúas onde levar os «graffitis»

O goberno xa baralla novas intervencións de arte urbano como a que prevé levar a cabo este mesmo anos nas pistas de pádel, tal e como confirmou o rexedor municipal, Pablo Diego Moreda Gil. Neste sentido, o rexedor adiantou que se tratará dun traballo colectivo, que correrá a cargo do alumnado do IES Punta Candieira e para o que o Concello porá desde o material ata o asesoramento artístico.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.