Case o 100% dos activos por Covid na área de Ferrol están na casa

O número de test realizados ata o momento ascende a case 13.000 entre os do Sergas e o estudo de seroprevalencia da Xunta
92456522_2883321901763946_5679398674711445504_o (1)

A área sanitaria de Ferrol continúa reducindo sensiblemente o número de contaxios por Covid e tamén o de hospitalizados. Os datos facilitados hoxe pola Dirección Xeral de Saúde Pública indican que na actualidade hai 74 doentes activos nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal e so un deles permanece ingresado no Arquitecto Marcide.

En total, son xa 480 as persoas que superaron o virus e obtiveron a alta epidemiolóxica. O número de falecidos tampouco variou desde o pasado día 9 de maio, polo que seguen a ser 33 as vítimas mortais relacionadas co Covid-19.

Desde a área sanitaria de Ferrol continúan realizando máis de 150 test diarios e a día de hoxe xa levan ao redor de 9.790 probas PCR entre as que se fan no Marcide, no punto fixo do Novoa Santos e a domicilio. Isto supón que case un 4% dos veciños de Ferrol, Eume e Ortegal sometéronse aos test, ademais de os 3.200 que o fixeron no estudo de seroprevalencia da Xunta de Galicia.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.