Catro bañistas tiveron que ser rescatados dos areais de Ferrol pola forza do mar

Un na praia de Doniños e os outros tres na de Esmelle tiveron que ser auxiliados polo servizo de socorrismo debido ao perigo das correntes
Imagen de archivo de un socorrista
Imagen de archivo de un socorrista

O servizo de socorrismo do Concello de Ferrol realizou na tarde de onte dous rescates, un na praia de Doniños e outro na de Esmelle. No primeiro caso, o areal tiña a zona de baño coutada e a corrente sinalizada. Un home de avanzada idade atopábase na zona da corrente e os socorristas que desenvolvían labores de vixilancia na beira entraron con aletas a sacalo da auga.

Tamén onte, un home, o seu fillo e outro nadador acabaron na zona da corrente, polo que tres socorristas, dotados dun tubo de rescate floppy, aletas e dous taboleiros, rescatáronos. Ambos rescates desenvolvéronse de forma satisfactoria.

O concelleiro de Seguridade, Germán Costoya, quen felicitou ao servizo de socorrismo polo seu traballo nas praias, fixo un chamamento á responsabilidade dos usuarios dos areais e lembrou a necesidade de respectar a sinalización, que advirte das zonas para o baño e do perigo das correntes, este verán especialmente enérxicas en Esmelle. Do mesmo xeito, o concelleiro convidou aos bañistas a consultar aos socorristas ante calquera dúbida.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.