Catro establecementos hosteleiros renovan o seu equipamento e servizos con fondos autonómicos

Trátase de dous hoteis, en Vilarmaior e Cedeira e de dous restaurante, en As Pontes e Ferrol
206876613

Dous hoteis en Vilarmaior —Alvarella Ecoturismo— e Cedeira —Hotel Herbeira— e a outros dous restaurantes en As Pontes —O Xantar— e Ferrol —Casa Modesto— vanse beneficiar da liña de axudas posta en marcha pola Xunta a finais do pasado ano para financiar, cun investimento de máis de 34.000 euros, actuacións de mellora en establecementos de aloxamento turístico e restauración na comarca de Ferrolterra que mobilizarán un investimento de 115.000 euros.

Con esta achega financiaranse entre outras actuacións, accións de mellora nos equipamentos e servizos dos negocios, buscando unha oferta de maior calidade para os propios galegos e os visitantes. Inclúense proxectos de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas, melloras nas instalacións para obter certificacións de excelencia, actuacións de renovación e modernización das instalacións ou melloras na climatización.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.