Cedeira alármase pola escaseza da auga na localidade

Aínda que dende o goberno local insisten en que non hai riscos por falta de abastecemente, a Xunta acaba de activar a prealerta no municipio
unnamed

O goberno de Cedeira pide á población local -veciños e visitantes- un uso responsable da auga polo estado de prealerta, por seca hidrolóxica, que a Xunta acaba de activar no municipio. Esta situación tamén está a afectar ao conxunto da comarca do Ortegal e á Mariña de Lugo.

O executivo local considera necesario aclarar que non existe risco de abastacemento pero recoñecen que supón a adopción de medidas de tipo preventivo, como extremar o control e vixilanza ou mellorar a eficiencia do uso da auga, polo que dende o concello piden a máxima colaboración por parte da veciñanza.

Neste sentido, recordase que consumir auga con moderación é encher a lavadora ou o lavavaixelas antes de botalos a andar e poñer un programa axeitado; optar pola ducha fronte a bañeira; pechar a billa mentres te enxaboas ou cepillas os dentes; empregar un caldeiro para lavar o coche; ou rega cedo ou a tardiña aproveitando o solpor, entre outras posibles medidas.

O equipo de goberno de Cedeira entende así mesmo que na situación actual é necesario que cada un dos habitantes da comarca poña as medidas que axuden a aforrar o consumo da auga, ao tempo que fan constar que os episodios de seca obedecen á escaseza de precipitacións e á baixada do caudal dos ríos.

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.