A asociación Amas de Casa de Cedeira concede a Guadi Galego o premio a Muller do Ano 2020

A artista cedeirense tamén recibirá esta semana en Madrid o premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado polo seu disco "Immersión"
gaudi

“Por nacer aquí e por loitar e romper moldes e barreiras para dedicarse a súa paixón, a música, ata convertela no seu éxito de vida”. Son só algúns dos razoamentos utilizados pola Asociación Amas de Casa de Cedeira para concederlle o premio Muller da Vila á cantante Guadi Galego.

Lucía Villar –patroa maior da Confraría- e Tucha Rodríguez -coñecida pola súa loita contra a droga- foron as anteriores homenaxeadas cun premio que naceu con motivo do 8 de marzo pero que ten a mirada posta nas mulleres da localidade que, co seu traballo e dedicación, contribúen ou contribuíron a facer de Cedeira o que agora é.

A entrega do premio a Guadi Galego será o día 14 de marzo no transcurso dunha comida que terá lugar no restaurante Badulaque e que está aberta á participación das persoas que desexen sumarse á homenaxe público a unha veciña “que se inspira en Cedeira para falar, a través das letras das súas cancións, de mulleres loitadoras, matriarcas, activistas, amorosas e poderosas”. A asistencia suporá un gasto de 20 euros para as socias e de 23 para o público en xeral. Os interesados xa poden chamar ao número 649 703 998. As prazas son limitadas.

O goberno de Cedeira aplaude a decisión e felicita a Guadi Galego por “este máis que merecido galardón, polo seu compromiso coa música, a cultura, o idioma galega, pola súa loita a prol da igualdade e por ser a mellor embaixadora de Cedeira”.

A artista tamén recibirá esta semana en Madrid o premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado. Os gobernos de Euskadi, Cataluña, Galicia, Valencia, Navarra e Baleares entregaranlle o galardón  polo seu último traballo discográfico multilingüe «Immersion», integrado por músicas cantadas en sete linguas peninsulares.

Guadi Galego (Cedeira, 1974) iniciouse no mundo da música como gaiteira, pianista e vocalista do grupo Berrogüeto. A súa carreira en solitario comezou no 2009 co o seu primeiro traballo discográfico, chamado “Benzón”. Terían que pasar cinco anos ata a volta de Guadi Galego ao mercado discográfico con “Lúas de outubro” e case seis ata “Inmersión”, que consiste nunha reinterpretación da súa propia música.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.