A campaña ‘Alingua’ chega a Cedeira

O obxectivo promover o traballo en rede, compartir ideas e organizar actividades para avanzar no uso da lingua galega
Centro de ocio xuvenil de Cedeira
Centro de ocio xuvenil de Cedeira

O Concello de Cedeira participa na nova campaña de Alingua, entidade que naceu hai un ano e agrupa 19 municipios implicados no traballo en rede a prol do uso do galego. Entre outras accións, a plataforma lanzou un vídeo musical cun tema eléctrico-latino no que Fátima Pego e Grande Amore cantan “É túa. Pásaa!”. A fachada do Palacete luciu desde pasado día 13 unha gran lona, que desde hoxe estará no Centro de Ocio Xuvenil, na que pode lerse o título da canción e escanear un código QR para visualizar o vídeo en Youtube.

Ademais, da fachada do Concello pendurouse tamén estes días unha bandeirola co lema “En Cedeira alínguase”, parte da mesma campaña. Tal e como explicou a concelleira de Cultura, Ermitas García, o goberno local invituou ao colexio e ao instituto, ás asociacións socioculturais e clubes deportivos e ás entidades veciñais a recoller cadansúa bandeirola para sumarse tamén desde os seus locais e instalacións á iniciativa. O Concello de Cedeira integrouse hai un ano nesta plataforma que agrupa actualmente a 19 municipios e que ten como obxectivo promover o traballo en rede, compartir ideas e organizar actividades para avanzar no uso da lingua galega.

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.