A obra ‘Crónica dunha heterosexual insatisfeita’ chega este sábado a Cedeira

A peza, creada e protagonizada por María Ángeles Iglesias, é unha comedia na que se reflexiona sobre a sexualidade, os desexos e as motivacións
María Ángeles Iglesias protagoniza a obra
María Ángeles Iglesias protagoniza a obra

A particular viaxe de autodescubrimento dunha muller de mediana idade chega este sábado ao escenario do Auditorio Municipal de Cedeira. A compañía Verdeveras Expresións Artísticas presenta “Crónica dunha heterosexual insatisfeita”, unha obra coproducida polo Centro Dramático galego e escrita e interpretada por María Ángeles Iglesias. A representación, dirixida a un público adulto, será ás 20.30 horas e as entradas poden reservarse anticipadamente a través do WhatsApp do número 649 876614.

“Crónica dunha heterosexual insatisfeita” fala dunha muller normal, desas que non van aparecer nunca nun libro de historia, que cae na conta de que está a facerse vella e que, se non fai nada para remedialo, vai morrer conxelada. E decide facer realidade unha das súas fantasías. A obra é unha comedia con moito fondo, na que se reflexiona sobre a construción da sexualidade, as parellas, os desexos e as motivacións. Unha viaxe na que a protagonista renace e comeza a voar.

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.