A plataforma «En Cedeira pediatra xa!» prepara unha mobilización para este domingo

A entidade cidadá denuncia que teñen que desprazarse ata Valdoviño ou incluso a Ferrol pola falta dun facultativo especializado.
2020021318415632266

O goberno municipal de Cedeira apoiará a concentración que a plataforma cidadá “En Cedeira pediatra Xa!” convoca para este domingo, día 16. Os participantes concentraranse no centro de saúde para, continuación, desprazarse ata a praza Roxa onde se procederá á lectura dun manifesto. A marcha dará comezo ás 12.30 horas. O executivo convidou á veciñanza a participar na mobilización, por tratarse “dun problema transversal xerado pola política de recortes da Xunta de Galicia”, asegurou o rexedor municipal, Pablo Diego Moreda Gil.

Son varias as accións que o goberno de Cedeira realizou con respecto a este asunto nos últimos meses. Recentemente, o pleno aprobou unha moción pola que a corporación municipal insta á Xunta a restaurar o servizo de pediatría, por considerar que é urxente acabar cunha situación de precariedade que obriga á facultativa de Valdoviño a desprazarse tres días á semana para pasar consulta en Cedeira. A vila conta conta cuns 700 rapaces e rapazas menores de 15 anos, aos que hai que sumar os nenos procedentes de Cariño e Ortigueira que até primeiros de ano tamén visitaban a pediatra de Cedeira.

Desde o executivo ademais se está a colaborar na campaña de recollida de firmas impulsada polos pais e nais do municipio e se manteñen contactos, a distintos niveis, con responsables da Xunta en materia de Sanidade para garantir a ampliación do centro de saúde dentro do presente mandato. O incremento destes espazos daría lugar á creación dun área específica para a atención dos menores, entre outras melloras.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.