Na madrugada de hoxe 5 de xullo dous voluntarios de Protección Civil tiveron que desprazarse á plaza de O Floreal para apagar as chamas que saían dun todoterreno estacionado na zona. Tal e como informaron o incendio sofocouse en pouco tempo e sen complicacións, evitando así a queima de todo o vehículo e que as chamas se propagaran cara outros coches colindantes.
O incidente producido sobre as 05.00 horas deste domingo e a Policía Local afirmou que o incendio orixinouse na roda esquerda do coche, tras a queima dun obxecto inflamable. Pola súa parte, o propietario do todoterreno xa denunciou os feitos ante as autoridades pertinentes, e afirmou ter recibido nas semanas previas varias ameazas polo que se trata dun acto vandálico premeditado.
De momento se descoñece quen está detras destas accións, que xa están a ser investigadas polos corpos de seguridade municipais.