A Policía Local de Cedeira actuou a primeira hora de este mediodía, sobre as 14.00 horas, tralo requerimento do CIAE 112 Emerxencias Galicia para comprobar o estado dunha muller de avanzada idade que residía no centro da vila e que non daba sinais de vida desde o pasado sábado.
A voz de alarma a deu unha persoa que lle levaba comida tódolos días e que non sabía nada desta veciña desde o día 25. Onte domingo a muller xa non abriu a porta, pero non saltaron as alarmas xa que, según explicou a Policía, a falecida saía da casa algúns fins de semana. Hoxe luns, ao mostrarse de novo ausente no domicilio, xa decidiuse dar o aviso aos corpos de emerxencia polo inisual da situación.
Cando os axentes entrado no domicilio, acharon á muller tendida no chan e todo indicaba que levaba máis de un día falecida. A muller vivía soa e tiña problemas de saúde, según informaron as autoridades policiais. Axentes da Policía Xudicial da Garda Civil acudiron ao lugar, así como o forense de Ferrol, que dictaminaron o levantamento do cadáver. A vítima foi trasladada ao hospital Naval para realizarse a autopsia.
Discussion about this post