Cedeira destina 60.000 a mellorar o vial que une O Barral coa AC-566

Na actualidade o asfalto está deteriorado e hai un ancho insuficiente para o paso de dous vehículos
Pista no Barral
Pista no Barral

O Concello de Cedeira acaba de publicar na Plataforma de Contratación do Sector Público a licitación para levar a cabo a renovación do aglomerado do vial que vai desde O Barral ata a AC-566. É unha actuación que conta cun presuposto de 57.704 euros e que servirá para mellorar o firme da estrada e poñer ao día a sinalización horizontal, mellorando con elo a seguridade do tráfico rodado.

O vial ten un trazado practicamente recto de case un kilómetro de lonxitude, cun ancho medio de 3,7 metros. Na actualidade o asfalto está deteriorado e hai un ancho insuficiente para o paso de dous vehículos. A actuación que vai acometer o Concello de Cedeira incluirá a limpeza das marxes da plataforma e a adecuación de novas gabias, para o aproveitamento de toda a plataforma. Extenderase unha nova capa de asfalto e procederase a pintar as liñas brancas que delimitan o vial para mellorar no posible a seguridade da circulación.

 

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.