Cedeira fai unha enquisa entre os veciños para avaliar o reparto das axudas fronte ó Covid

O goberno local quere coñercer "tódalas casuísticas e propostas" para obter unha visión realista dos problemas da cidadanía

O Concello de Cedeira está a estudar a mellor fórmula para paliar os efectos económicos e sociais que está a provocar esta situación de emerxencia sanitaria. Desde a Administración local queren saber cómo poden complementar todas as axudas propostas polo resto de administracións con medidas de carácter local para que “o tecido económico e social da vila atope a mellor maneira posible de saír desta situación anómala”.

Para tratar de que estas achegas complementarias sexan o máis efectivas posibles e acordes coas distintas situacións que está a vivir o tecido empresial, o equipo de goberno puxo a disposición de tódolos veciños unha enquisa en Internet para facer unha radiografía o máis realista posible da situación.

“Unha vez coñezamos as casuísticas e propostas, e consensuándoas co resto da corporación
municipal e coas técnicas municipais, poderemos adoptar unhas medidas extraordinarias máis
efectivas para a protección e reincorporación do noso comercio local”, explicaron desde o executivo cedeirés.

Salir de la versión móvil