Cedeira licita a reparación de case dous quilómetros de vías rurais

Os traballos saen a concurso cun presuposto de 57.800 euros
Camiño rural en Condomiñas
Camiño rural en Condomiñas

O Concello de Cedeira ten en proceso de licitación a obra de “Mellora da capa de rodadura de camiños municipais”, unha actuación que o goberno local vai acometer no marco da convocatoria do Plan de Camiños Rurais de acceso a parcelas agrícolas da axencia Agader. Os traballos saen a concurso cun presuposto de 57.800 euros, dos que 43.986 serán financiados coa subvención concedida pola axencia autonómica e os 13.814 euros restantes irán a cargo dos orzamentos locais.

Concretamente, as obras realizaranse nas pistas de Condomiñas, Espiñaredo e Casal María, que teñen en común o estado de deterioro actual do firme. Os traballos consistirán en limpar as marxes e rechear as fochancas con pedras, aplicando unha triple capa de rego asfáltico nas dúas primeiras e unha de mestura bituminosa na terceira. O camiño de maior percorrido é o de Condomiñas, que ten 1,3 quilómetros. En total, a intervención abranguerá 1,8 quilómetros.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.