Cedeira recupera o antigo escolar de Santalla para darlle un uso social e turístico

A proposta foi aprobada por unanimidade por tódolos grupos da corporación no último pleno
Escolar de Santalla (1)

O Concello de Cedeira recuperará para uso público o antigo escolar de Santalla, unha propiedade municipal utilizada durante os últimos sete anos pola Organización Juvenil Española (OJE). Esta decisión responde á extinción, por mutuo acordo, do contrato que a administración local subscribira no 2013 coa  entidade xuvenil e pon “freo ao erro histórico que foi a súa concesión”, segundo apuntou o alcalde, Pablo Moreda, no pleno no que a proposta do goberno resultou aprobada por unanimidade.

A recuperación da propiedade abre a posibilidade, segundo o rexedor municipal, de adaptar o inmoble para acoller un albergue na planta baixa e unha vivenda na superior. O albergue permitiría aloxar turistas e peregrinos, mentres que casa sería para casos de emerxencia social “moi necesaria”, segundo o alcalde. O antigo escolar, situado na parroquia de Cervo, consta dunha primixenia construción escolar á que posteriormente foi engadido un soportal.

Remanante

O pleno, que tivo carácter extraordinario, serviu tamén para aprobar un remanente de tesourería que, por un importe de 408.509,59 euros, dará lugar a un conxunto de 45 actuacións como a subministración de  áis de 900 lámpadas led para distintos lugares da zona rural, a mellora de camiños públicos en Fernando Lago, Cordobelas e Bouzas e a construción de beirarúas no cemiterio municipal.

Tamén se contempla a realización dunha nova rede de saneamento na rúa Amor Hermoso, a pavimentación de pistas municipais, a recuperación integral do río Condomiñas a realización dun mural exterior na escola infantil e o arranxo de fontes públicas. Este punto saiu adiante cos votos a favor do equipo de goberno e do BNG e a abstención do grupo popular.

 

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.