Cedeira saca a licitación varias obras en búsqueda de renovar a rede de saneamento da comarca

O núcleo de Vilacacín e as rúas da Estrada, Valdoviño, San Sadurniño e a travesía da Praia son os puntos onde se realizarán as reformas valoradas en máis de 265.000 euros
inicio tramo paseo Madalena

O Concello de Cedeira saca a licitación a obra que dotará de saneamento á veciñanza de Vilacacín e o proxecto que optimizará o funcionamento da rede que está a dar servizo nas rúas da Estrada, Valdoviño, San Sadurniño e travesía da Praia. O importe das dúas intervencións ascende a 268.736,8 euros  e as empresas interesadas tanto en facerse cargo dunha como das dúas obras teñen ata o día 24 do presente mes para presentar ofertas, onde se estima que o prazo de execución das mesmas non superará os cinco meses.

Desde o concello destacaron a importancia desta inversión na rede de saneamento de lugares que agora carecen del e contribúe a mellorar o servizo dunha das zonas máis densamente poboadas da vila coa incorporación á rede dunha liña específica para a recollida de pluviais e a substitución das tubaxes de fibrocementos por outras de PVC de 315 milímetros de diámetros.

A actuación que afectará ao núcleo urbano de Vilacacín consistirá na instalación de canalizacións, que discorrerán ao longo de 639,25 metros, e na entrada en funcionamento de 21 pozos de rexistro para dar servizo a un conxunto de 25 vivendas.

Toda a actuación levarase a cabo por vías de competencia municipal e na súa contorna atópanse bens patrimoniais como casas do século XVII, un hórreo e mesmo a igrexa parroquial de Santa María, que necesitarán medidas de especial protección. Esta obra sae a contratación pola cantidade e 76.929, 72 euros.

Pola súa banda, o proxecto que afectará ás rúas da Estrada, Valdoviño, San Sadurniño e travesía da Praia obedece á necesidade de mellorar o funcionamento do servizo da rede que está a ocasionar problemas por atascos debido á capacidade e antigüidade das tubaxes de fibrocemento e á falta de canalizacións específicas para a recollida das augas pluviais dos edificios. Trátase dunha zona especialmente poboada e na que se contabilizan unhas 225 vivendas, o que pode chegar a representar arredor de 900 veciños. A contía desta licitación ascende a 191.809, 08 euros.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.