Cedeira traballa nun plan de acción para fortalecer o comercio local

O obxectivo é adaptar os actuais negocios ás novas formas de mercado e potenciar o consumo de cercanía
cedeira5

O Concello de Cedeira está a traballar na elaboración dun plan para dinamizar e mellorar da competitividade do comercio e da hostalería locais, uns sectores que sufriron un duro impacto pola pandemia da Covid-19.

O alcalde, Pablo Moreda, reuniuse cos profesionais do comercio e da hostalería da localidade e destacou que “se trata dun proxecto para buscar solucións que acheguen os pequenos e medianos establecementos ás novas formas de consumo que require a sociedade actual”. O proxecto presentarase publicamente cando o estado de alarma así o aconselle.

A venda en liña e o repartimento a domicilio son algúns dos obstáculos aos que se enfrontan os pequenos negocios á hora de competir coas grandes superficies ou mesmo coas novas formas de mercado, segundo apuntou o rexedor municipal, que considera necesario fortalecer “dous sectores que son claves dentro da economía local”.

O plan terá como punto de partida a análise da situación actual e desenvolverase en dúas fases. A primeira vai dirixida a facer o diagnóstico e trazar a estratexia, na que terían cabida unha eventual plataforma de venda común e a prestación de servizos en conxunto para unha determinada actividade. Enquisas aos profesionais, entrevistas a axentes chave, dúas mesas de traballo e un análise benchmarking para coñecer proxectos de éxito noutros territorios forman parte da metodoloxía que servirá para ter unha fotografía dos negocios aos que vai dirixida esta iniciativa pioneira en Cedeira.

A información recompilada dará lugar, na fase dúas, á elaboración do chamado plan de acción. Nel incluiranse desde accións xerais para a mellora da competitividade sectorial ata recomendacións específicas para sectores concretos, como pode ser o da alimentación.

A formación e capacitación, a mellora da calidade e sustentabilidade comercial, a innovación e implantación de novas tecnoloxías no pequeno comercio e locais de hostalería, a detección de oportunidades de negocio e a promoción e dinamización comercial son, a priori, os ámbitos para os que se artellarán as medidas que contribuirán a dinamizar e a garantir un mellor futuro para o comercio de proximidade.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.