No día de onte 25 de xullo unha explosión de gas butano sorprendeu a toda a veciñanza situada na rúa Cerdido de Cedeira. O tráxico suceso deixou a dúas persoas maiores feridas xa que se situaban no piso onde tiveron lugar os feitos. Unha delas foi trasladada de urxencia ao hospital máis próximo debido ás graves quemaduras que sufriu.
Ao sitio onde sucedeu a explosión trasladáronse a AV Protección Civil, a Policía Local, os GES, os Bombeiros, a Garda Civil e unha ambulancia do 061 para darle atención médica as dúas persoas afectadas.
Niño de velutina
Ese mesmo sábado a AV Protección Civil tamén tivo que intervir noutra zona da comarca debido ao perigo que podían sufrir uns rapaces que ían celebrar un cumpleanos, xa que no mesmo sitio había un niño das perigosas avespas velutinas.
De feito non foi o único niño que motivou a participación de varios axentes de Protección Civil, xa que o venres 24 de xullo tamén tiveron que fumigar outro situado nas proximidades do parque infantil de A Revolta, sen ter que lamentar ningunha complicación.