Caballero recoñece o esforzo de concellos como Cedeira para iniciar o curso escolar «a pesar do desleixo da Xunta»

O líder dos socialistas galegos visitou hoxe a vila cedeiresa, onde puido comprobar as medidas implementadas polo Concello nos centros escolares
El alcalde de Cedeira, Pablo Moreda, junto a Gonzalo Caballero en su visita a uno de los centros escolares de la villa
El alcalde de Cedeira, Pablo Moreda, junto a Gonzalo Caballero en su visita a uno de los centros escolares de la villa

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou hoxe Cedeira, onde foi recibido polo alcalde socialista Pablo Morena. O máximo dirixente do PSdeG fixo “un recoñecemento” ao traballo e ao esforzo que se está facendo no Concello de Cedeira. “A carón da comunidade e educativa, está atendendo as necesidades dos centro e que non foron asumidas pola Xunta de Galicia”, recalcou, xunto co deputado Martín Seco; o coordinador comarcal do PSdeG en Ortegal, Marcial Blanco; o exalcalde de Cedeira José Luis Vergara e outros membros do actual goberno local.

Pola súa banda, o propio rexedor agradeceu a visita de Gonzalo Caballero e concordou nas críticas ao “desleixo” da Xunta neste inicio do curso. “Os concellos estamos asumindo de forma impropia, por exemplo, os custes da desinfección dos centros escolares”, denunciou, antes de subliñar que “queremos que a Xunta asuma as súas competencias, as súas responsabilidades”.

“Dende o 14 de marzo, o Concello de Cedeira non recibiu unha soa chamada da Consellería de Sanidade nin da de Educación, nin do responsable territorial de Educación, para ver que preocupacións ou que necesidades tiñamos para a posta en marcha do curso”, criticou Pablo Moreda, ao tempo que indicou que, no que atinxe ao CEIP Nicolás del Río, o concello dispuxo unha persoa máis de reforzo das labores de limpeza.

“Nós non imos deixar aos nosos pequenos abandonados, imos asumir esas competencias que a Xunta en ningún momento asume”, abundou o alcalde, quen agradeceu tamén ao profesorado o traballo que está facendo nesta situación. Caballero urxiu a Feijóo a “involucrarse plenamente” neste inicio do curso marcado pola covid, toda vez que están tendo que ser os propios centros educativos e os concellos os que “resolven a inacción” da Xunta. “A Xunta non cumpriu co inicio do curso escolar, e tiveron que ser os profesores os mestres, e tamén os alcaldes e alcaldesas, os que saísen en auxilio das situacións complicadas ante a inacción da Consellería de Educación”, remarcou Gonzalo Caballero.

O secretario xeral do PSdeG aproveitou tamén a visita a Cedeira para coñecer de primeira man as necesidades dos pescadores, para o cal mantivo unha xuntanza de traballo na confraría na que tamén participou a voceira do ramo do Grupo Socialista na Cámara, Patricia Otero.

 

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.