Mascarillas “made in Cedeira” no Hospital do Mar de Barcelona

Os veciños da vila veñen elaborando a mán e de forma altruista material para o persoal sanitario

O equipo de sanitarios do Hospital do Mar de Barcelona recibiu esta semana unha entrega moi especial enviada dende Cedeira. Trátase dun paquete de máis de 300 mascarillas feitas a mán e de forma altruista por veciños voluntarios da vila e que se están a entregar en diferentes puntos do país.

O persoal do centro barcelonés quixo agradecer o xesto enviando unha fotografía grupal co material elaborado en Cedeira. Segundo informou o alcalde da localidade, Pablo Morena, xa se fixeron entrega de 1.900 unidades dendo o inicio da crise. Son os voluntarios de Protección Civil e algún concelleiro os encargados de recoller as mascarillas feitas a mán polos cedeireses e de entregalas ao Concello, que é quen as reparte. Xa son máis de 300 veciños os implicados nesta labor voluntaria.

Salir de la versión móvil