O alcalde de Cedeira acusa a Almuíña de «falta de compromiso» cos veciños da vila

O rexedor socialista Pablo Moreda recordou que levan 365 días esperando pola reunión para tratar a ampliación do centro de saúde
centro de saúde

O alcalde de Cedeira, Pablo Moreda, calificou de “absolutamente lamentable” a actitude que o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, está a manter cos veciños e co executivo local no día que se cumpre un ano desde que o Concello pedira unha reunión para falar da ampliación do centro de saúde.

O equipo de goberno segue a considerar «prioritaria» a realización dunha obra que incrementaría ata un 40% a actual capacidade do centro e para a que o goberno municipal fixo os deberes coa compra da propiedade que garante a viabilidade do proxecto. A adquisición supuxo un desembolso superior aos 60.000 euros.

O rexedor municipal apunta que “ninguén da Consellería se puxo en contacto comigo nestes 365 días”, ao tempo que esixe explicacións por parte dos seus responsables para que a veciñanza e os seus representantes “deixemos de ter a sensación de orfande ante a Xunta, para a que Cedeira importa moi pouco”, dixo.

Moreda considera que a falta de resposta obedece a unha ausencia de compromiso “con Cedeira e a súa xente” e recorda que existe un acordo do Parlamento de Galicia polo que se instaba á Xunta a dialogar co Concello de Cedeira para mellorar a asistencia sanitaria coa ampliación do actual centro de saúde. “Unha decisión parlamentaria”, apunta, “que Sanidade vén incumprindo sistematicamente”, ao tempo que denuncia a precariedade dalgúns servizos como o de pediatría, que mobilizou á veciñanza en demanda dunha consulta propia no municipio.

A escaseza de consultas, deficiencias estruturais no servizo de Urxencias, ausencia de salas de reunións, ademais de goteiras e accesos deficientes, son outros problemas que o executivo vén denunciando co apoio dos propios profesionais e traballadores do centro médico.

Ante estas realidades, o Concello de Cedeira optou no ano 2018 por darlles solucións adquirindo a planta baixa, a terceira e o baixo cuberta do inmoble anexo ao centro de saúde, para garantir a súa ampliación. Este compromiso deu lugar posteriormente á cesión da propiedade á Consellería de Sanidade.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.