O areal da Madalena de Cedeira contará cun novo sistema de entrada e saída de persoas

Levarase a cabo a instalación de novas pasarelas de madeira para respetar a distancia de seguridade entre os bañistas e así evitar a propagación da Covid-19
Zona praza Roxa

Cedeira está a organizar o fluxo de entrada e de saída de persoas da praia da Madalena para poñer freo aos riscos sanitarios fronte á Covid-19. Hoxe mesmo daba comezo a obra de instalación de novas pasarelas de madeira que, situadas á altura da praza Roxa e na zona da Revolta, permitirán garantir a distancia entre persoas recomendada pola Consellería de Sanidade para evitar posibles contaxios. Deste xeito, cada acceso á praia terá unha prioridade de paso peonil, ben de entrada ou de saída.

O proxecto xurde, segundo o alcalde de Cedeira, Pablo Diego Moreda Gil, da necesidade de adoptar estratexias destinadas a controlar a propagación do virus, especialmente nun municipio costeiro cunha alta demanda turística como é o cedeirense.

Estrutura dobre de madeira en forma de «U»

O edil reiterou así mesmo a prioridade que para o executivo local representa a realización de obras que axuden a mellorar a mobilidade das persoas. En cuestión de días, na contorna da Praza Roxa comezará a funcionar unha estrutura dobre de madeira, en forma de «U», que permitirá ordenar o circuíto de entrada e saída desde o paseo marítimo. Esta vía será prioritaria para persoas con discapacidade, mobilidade reducida ou maiores, que forman parte dos grupos de risco fronte á Covid-19.

O segundo punto, paralelo ao Rego da Veiga desde a zona coñecida como A Revolta, contará cunha nova pasarela que prolonga varios metros á xa existente e que será utilizada unicamente como vía de saída desde a franxa central do areal. A intervención completarase coa instalación de carteis informativos para axudar á adaptación da veciñanza e mesmo dos visitantes a estas novas medidas organizativas. Os carteis colocaranse en distintos puntos de accesos á praia.

O Concello de Cedeira contou coa colaboración económica de Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia para a realización dunha obra, cuxo importe superou os 13.800 euros. O convenio firmouse esta mesma semana.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.