O conselleiro de Educación rexeita reunirse coa corporación para tratar o recorte do profesorado no IES Punta Candieira

País, profesores e alumnos do centro de ensinanza da vila levan semanas protestando polo que consideran un "desleixo da educación pública"
Protesta cidadá esta semana en Cedeira
Protesta cidadá esta semana en Cedeira
PUBLICIDAD

Continúan en Cedeira as protestas polo desleixo que a Xunta deixou no profesorado do IES Punta Candieira tralo recorte de once prazas docentes. Unhas protestas que contaron dende un primeiro momento co apoio da corporación municipal. O alcalde Pablo Moreda informou hoxe de que a petición da entrevista co conselleiro de Educación, Román Rodríguez, formulada desde o Concello foi respostada hoxe emplazando aos voceiros a unha xuntanza co xefe territorial Indalecio Cabana. O rexedor considera dita resposta “un ninguneo para o pobo de Cedeira, os seus grupos políticos e a comunidade educativa do IES Punta Candieira” e adiantou que non acudirán a dito encontro, a non ser que sexa co conselleiro.

Moreda Gil recordou que a petición da entrevista xurdiu dun pleno da corporación no que, por unanimidade, a corporación cedeiresa aprobou unha declaración institucional rexeitando o drástico recorte de profesorado aplicado no plantel docente do instituto. “Sen pretender menosprezar ao xefe territorial de Educación, consideramos que a reacción política, coa unanimidade dos grupos do PSdeG-PSOE, o BNG e o PP, e a mobilización cidadá que esta situación suscitou na nosa vila merece que o máximo responsable, o conselleiro Román Rodríguez, nos reciba de inmediato”.

O alcalde criticou que o conselleiro trate de desviar ou pasar por alto o problema e recorda que se estivo en Cedeira para a presentación da serie “Rapa” debería estar tamén para tratar este tema. O Concello, sinalou, ten realizado numerosos investimentos para mellorar as instalacións tanto do instituto como do colexio públicos e mantén unha liña de colaboración permanente coas comunidades educativas. “A nosa aposta polo ensino público quedou patente, máis aló do que son as estritas competencias dunha administración local”, comentou Pablo Diego Moreda Gil. “Agora esiximos que Román Rodríguez estea á altura das circunstancias e que nos reciba de inmediato”, dixo, “porque a medida que tomou afecta á calidade educativa no instituto de Cedeira e ao futuro da nova mocidade”.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.